A viaxe de Yoyo

(2017)

Este disco narra a apaixonante viaxe de Yoyo, un rato afable e soñador que un bo día decide abandonar a seguridade da súa tobeira na procura de aventuras. Yoyo achegaranos cativantes melodías de xardíns, de bailes de máscaras ou das profundidades do océano.

 

Marcos Vázquez – batería
Pablo Pérez – contrabaixo
Leandro Deltell – percusións en “Manani”
Olalla Fernández – deseño, ilustración e fotos
Gus Abreu – fotos
Composto e producido por DOUS

Dous

(2012)

Aínda que non é un disco de música folk no sentido da reinterpretación da música tradicional, bebe das músicas populares de Europa, América ou África para crear pezas de autor coas que invitan a unha nova viaxe a través dos sentidos.

 

Marcos Vázquez – batería
Pablo Pérez – contrabaixo
Leandro Deltell – percusións en “Sukru”
Olalla Fernández – deseño, ilustración e fotos
Gus Abreu – fotos
Composto e producido por DOUS

Non son só sons

(2008)

Unhas poucas semanas despois da publicación do seu primeiro disco, “Só son sons”, e a modo de “cara B”, DOUS presenta dixitalmente este traballo, con temas baseados na improvisación e na busca radical, algúns deles concibidos orixinalmente para o teatro.

 

Leandro Deltell – batería
Gus Abreu – deseño
Composto e producido por DOUS

Só son sons

(2008)

DOUS dase a coñecer con este disco explorando tódolos camiños da improvisación, con sons que percorren o mundo, dende o leste de Europa ata África.

 

Leandro Deltell – batería
Alberto Regueira – programación
Paco Dicenta – contrabaixo
Mónica de Nut – voz
Nacho Muñoz – piano
Pablo Novoa – guitarra
Xesús Valle – paisaxe sonora
Jose Pereira – voz
Diego Rodríguez Vieites – percusión africana
David Durán – teclado
David Santos – baixo
Gus Abreu – deseño
Composto e producido por DOUS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para obtener información estadística. Al continuar navegando aceptas esta Política de cookies.

ACEPTAR